Tuesday 30 de April de 2024

O Concello de Noia abre o prazo de inscrición nos seus campamentos urbanos de conciliación para os meses de xullo e agosto


O Concello de Noia vén de abrir o prazo de inscrición nos seus campamentos urbanos de conciliación para os meses de xullo e agosto. Unha iniciativa dirixida a nenos e nenas en idade escolar, de 4 a 12 anos, e que se desenvolverá nas instalacións do IES Campo de San Alberto en horario de 10:00 a 14:00 horas.

O concelleiro de Deportes en funcións, Ramóns Santos, explica que “haberá tres quendas de dúas semanas cada unha e unha cota de 40 euros por quenda”. As quendas serán do 1 ao 12 de xullo, do 15 ao 26 de xullo e do 29 de xullo ao 9 de agosto. As inscricións poden formalizarse no segundo andar da casa do concello de Noia, en horario de 10:00 a 14:00 horas.